Horario
Estaremos para atenderlle por teléfono ou de xeito presencial en horario de atención ao público de
.......
Luns a venres de 9:00 a 14:00
Qué é a taxa?
A taxa de recollida de residuos sólidos urbanos é o importe que pagan os cidadáns pola prestación do servizo de recollida, transporte, tratamento e eliminación dos residuos xerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas así como os similares aos anteriores xerados en servizos e industrias. Inclúense tamén nesta categoría os residuos que se xeran nos fogares de aparellos eléctricos e electrónicos, roupa, pilas, acumuladores, mobles e aveños así como os residuos e entullos procedentes de obras menores de construción e reparación domiciliaria.
Os servizos incluídos son:
- Recollida e tratamento de residuos domésticos.
- Recollida de cartón.
- Recollida de vidro.
- Recollida de aceite vexetal.
- Recollida de enseres e voluminosos.
- Recollida de téxtil.
- Puntos limpos.
- Minipuntos limpos.
- Punto limpo móbil.
A taxa de lixo regúlase a través a Ordenanza correspondente, común aos oito concellos que integran o Consorcio As Mariñas.
O custo de servizo ten en conta a cantidade de residuos xerados, polo que a boa separación do lixo no domicilio e o uso correcto dos contedores e dos medios que proporciona o Consorcio reduce os residuos non selectivos e o custo total do servizo. Canto máis se recicle por parte de todos, menor será o custo do servizo.
A taxa polo servizo emítese en forma de recibos semestrais xerados polo Consorcio As Mariñas e postos á cobranza a través da Deputación da Coruña, semestralmente segundo o importe fixado na Ordenanza vixente. Nos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros, a taxa emítese a través do recibo da auga, onde este exista, e ten periodicidade trimestral.
O servizo é de recepción obrigatoria, debendo pagar polo mesmo independentemente do uso que se realice del, estando obrigados os propietarios de vivendas, locais, establecementos, aloxamentos, industrias, actividades comerciais, profesionais, artísticas ou de servizos.
Ordenanzas
...
2023
- Boletín Núm.247 -->> BOP do Venres, 29 de decembro de 2023
2016
- Boletín Núm.247 -->> BOP do Xoves, 30 de decembro de 2016
2012
- Boletín Núm.248 -->> BOP do Venres, 31 de decembro de 2012
2011
- Boletín Núm.248 -->> BOP do Venres, 30 de decembro de 2011
2010
- Boletín Núm.117 -->> BOP do Venres, 23 de juño de 2010
2009
- Boletín Núm.145 -->> BOP do Venres, 26 de xuño de 2009
2008
- Boletín Núm.148 -->> BOP del Sabado, 28 de xuño de 2008
2006
- Boletín Núm.87 -->> BOP do Luns, 17 de abril de 2006
2004
- Boletín Núm.138 -->> BOP do Venres 18 de junio de 2004
2002
- Boletín Núm.114 -->> BOP do Martes, 21 de maio de 2002
2001
- Boletín Núm.144 -->> BOP do Luns, 25 de xuño de 2001
Publicacións
...
- BOE nº 309 -->> Suplemento de Notificacións do BOE nº 309 d0 27/12/2023
- BOE nº 139 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 139 do 12/06/20230
- BOE nº 17 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 17 de 20/01/2023
- BOE nº 66 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 66 do 18/03/2022
- BOE nº 207 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 207 do 30/08/2021
- BOE nº 19 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 19 do 22/01/2021
- BOE nº 247 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 247 do 16/09/2020
- BOE nº 165 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 165 do 12/06/2020
- BOE nº 220 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 220 do 13/09/2019
- BOE nº 60 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 60 do 11/03/2019
- BOE nº 301 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 301 do 14/12/2018
- BOE nº 189 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 189 do 06/08/2018
- BOE nº 117 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 117 do 14/05/2018
- BOE nº 62 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 62 do 12/03/2018
- BOE nº 277 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 277 do 15/11/2017
- BOE nº 187 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 187 do 07/08/2017
- BOE nº 131 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 131 do 02/06/2017
- BOE nº 71 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 71 do 24/03/2017
- BOE nº 224 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 224 do 16/09/2016
- BOE nº 150 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 150 do 22/06/2016
- BOE nº 93 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 93 do 18/04/2016
- BOE nº 19 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 19 do 22/01/2016
- BOE nº 252 -->> Suplemento de Notificacions do BOE nº 252 do 21/10/2015
2023
2022
2021
2020
2019
2018
2017
2016
2015
Vivenda
Quen ten que pagar a taxa do lixo?
O propietario da vivenda.
Quen xestiona a taxa do lixo?
O Consorcio As Mariñas é o responsable da xestión da taxa do lixo dos oito concellos que o integran (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).
Que teño que facer para darme de alta/baixa ou modificar algún dato?
Debes dirixir unha solicitude ao Consorcio As Mariñas polos medios que se describen no apartado "Contacto" (de maneira presencial, telefónica, por mail ou a través da sede electrónica do Consorcio As Mariñas). Tamén podes dirixirche ao concello no que vives e no caso dos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros pódesche dirixir ás concesionarias de auga dos devanditos concellos (Augaservi, Gestagua e Aquaoleiros).
Teño a obrigación de darme de alta?
Si, sempre. Cando se adquire unha vivenda debe de poñerse en contacto co Consorcio As Mariñas, co seu DNI e a forma de identificar o inmoble que acaba de comprar.
Cantas veces teño que pagar a taxa?
- A taxa devindícase de forma semestral nos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral e Sada, a través dun recibo emitido pola Deputación da Coruña
- A taxa devindícase de forma trimestral nos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros, a través dun recibo emitido polas compañías de augas dos devanditos concellos (Augaservi, Gestagua e Aquaoleiros).
Empresa
Quen ten que pagar a taxa?
A persoa física ou xurídica que exerce a actividade.
Pago a taxa por vivenda e por empresa?
A taxa non é persoal, págase pola propiedade da vivenda e pola actividade que realice a persoa física/xurídica, aínda que coincida dita persoa. Unha vivenda e un negocio son dúas fontes xeradoras de residuos diferentes, por tanto deben de pagar a taxa por separado.
Que teño que facer para darme de alta/baixa ou modificar algún dato?
Debes dirixir unha solicitude ao Consorcio As Mariñas polos medios que se describen no apartado "Contacto" (de maneira presencial, telefónica, por mail ou a través da sede electrónica do Consorcio As Mariñas). Tamén podes dirixirche ao concello no que vives e no caso dos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros pódesche dirixir ás concesionarias de auga dos devanditos concellos (Augaservi, Gestagua e Aquaoleiros).
Cantas veces teño que pagar a taxa?
- A taxa devindícase de forma semestral nos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral e Sada, a través dun recibo emitido pola Deputación da Coruña
- A taxa devindícase de forma trimestral nos concellos de Cambre, Culleredo e Oleiros, a través dun recibo emitido polas compañías de augas dos devanditos concellos (Augaservi, Gestagua e Aquaoleiros).
Se deixo de exercer a actividade comercial/industrial, teño que seguir pagando a Taxa de Recollida de Lixo?
Non, deixaríase de pagar ao semestre seguinte no que se deixou de exercer a actividade. Para realizar dita baixa cotexamos coa Axencia Tributaria a información de baixa ou cambio de domicilio onde se exerce a actividade.
Contacto
Contacta connosco
Estamos para axudarche
O noso enderezo
Lugar de Bos, Naves O Carballal 4 15640 - Guísamo - Bergondo
info@consorcioam.org
Chámanos
+34 981784704