ACTUACIÓNS DE MELLORA NOS PUNTOS LIMPOS

  • 26 Dec, 24

Actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da Orde de subvención convocada pola Xunta de Galicia.

 


O Consorcio As Mariñas ven de rematar a instalación de controis de acceso aos oito puntos limpos do territorio, un por concello, que permita mellorar o servizo que prestan á cidadanía así como un aumento do seguimento e control da xestión da instalación.
Mediante o control de accesos e do sistema informático de xestión se poderá ter un rexistro actualizado do uso real da instalación, coñecendo o detalle dos residuos aportados, usuarios,  días e horas de máxima utilización dos usuarios, e máis información para coñecer a evolución da xestión do punto limpo e estudar posibles accións de mellora.
Instaláronse nas entradas aos puntos limpos barreiras con elevación automática, fotocélulas e mando a distancia para o operario. Con este sistema o usuario poderá acceder cando o traballador lle autorice, e posteriormente será identificado mediante o DNI, que o introducirá xunto co tipo de residuo e cantidade a depositar, dentro da aplicación informática de xestión nun terminal móbil.