O COLECTOR MARRÓN PARA UNHA RECOLLIDA MÁIS SELECTIVA DE BIORRESIDUOS NO CONSORCIO AS MARIÑAS.
- 27 Nov, 24
O Consorcio As Mariñas pon en marcha a campaña de implantación do colector marrón, un sistema innovador para a recollida de residuos orgánicos que promove unha reciclaxe de maior calidade. A campaña abrangue seis dos oito concellos que forman parte do Consorcio: Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada.
Este colector específico permitirá a separación dos biorresiduos, reducindo a presenza de impropios no lixo e mellorando os procesos de reciclaxe. Grazas ao control de acceso mediante tarxeta, garantirase un uso correcto e eficiente.
Material e inscricións
As persoas interesadas poden recoller o seu pack de material de balde, que inclúe:
• Tarxeta de apertura do colector marrón
• Caldeiro para a separación na casa
• Bolsas compostables
Para obter este material, só é necesario achegarse a un dos postos informativos habilitados no seu concello.
O colector marrón é unha ferramenta clave para avanzar cara a unha xestión sostible dos residuos, reducindo o impacto ambiental e fomentando a economía circular. Esta campaña forma parte do compromiso do Consorcio As Mariñas coa reciclaxe e a educación ambiental.
Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Máis información
Para máis detalles, pode chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org, ou consultar toda a información en https://consorcioam.rsu.gal.
Postos informativos por concello
Bergondo
• Guísamo: 13 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Guísamo: 18 de decembro (16:30-19:30 horas).
Betanzos
• Praza García Hermanos: 11 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Rotonda Avda. García Naveira: 13 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Praza García Hermanos: 16 de decembro (09:30-12:30 horas).
• Rotonda Avda. García Naveira: 18 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Praza García Hermanos: 20 de decembro (16:30-19:30 horas).
Cambre
• Barcala: 10 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Tapia: 17 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Manuel Murguía: 19 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Barcala: 20 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Manuel Lugrís: 21 de decembro (10:30-13:30 horas).
Culleredo
• Praza Europa: 9 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Praza Santa Gema: 10 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Acea de Ama: 11 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Praza Europa: 14 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Praza Igrexa Vilaboa: 24 de decembro (10:30-13:30 horas).
Oleiros
• Rotonda de Santa Cruz: 9 de decembro (10:30-13:30 horas).
• Casa Echeverry: 16 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Icaria: 17 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Parque Nicolás Redondo: 23 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Rotonda de Santa Cruz: 28 de decembro (10:30-13:30 horas).
Sada
• Feirón: 14 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Feirón: 21 de decembro (16:30-19:30 horas).
• Praza de España: 23 de decembro (10:30-13:30 horas).