O CONSORCIO AS MARIÑAS LANZA UNHA NOVA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMÉSTICA.

  • 13 Dec, 24

O Consorcio As Mariñas inicia unha nova campaña de compostaxe doméstica coa distribución de 1.700 composteiros de balde entre a veciñanza dos oito concellos que o conforman: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. Esta iniciativa busca fomentar a separación e reciclaxe en orixe de biorresiduos mediante a compostaxe doméstica nos fogares que dispoñan dun pequeno terreo.
Material e inscricións
A campaña inclúe a entrega de composteiro, aireador, peneira e termómetro, que se repartirán tras a asistencia a unha das sesións formativas programadas nos diferentes concellos. A participación é totalmente gratuíta, e as persoas interesadas só teñen que rexistrarse previamente a través da páxina web: https://consorcioam.rsu.gal.

Esta campaña é unha mostra do compromiso do Consorcio As Mariñas coa educación ambiental e a promoción de prácticas sostibles. A compostaxe doméstica permite reducir os residuos enviados a vertedoiros, diminuír a pegada de carbono e obter un fertilizante natural de gran calidade.
Trátase de actuacións cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, a través da subvencións covocadas pola Consellería  de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Máis información
Para calquera dúbida ou consulta, pode chamar ao 981 784 704, escribir a info@consorcioam.org ou rexistrarse directamente en https://consorcioam.rsu.gal.

 


Xornadas formativas
As sesións formativas teñen como obxectivo ensinar á veciñanza o uso correcto do composteiro, así como os beneficios ambientais e económicos desta práctica. Estas son as datas e localizacións dispoñibles:

Abegondo
   • Casa Consistorial de Abegondo - 9 de decembro ás 12:00h.
    • Instituo de Viós - 9 de decembro ás 16:30h.
    • Edificio Reserva da Biosfera - 10 de decembro ás 19:00h.
    • Local Social de Sarandós - 13 de decembro ás 19:00h.
    • Aula da Natureza de Abegondo - 17 de decembro ás 19:30 h.
    • Local Social de Folgoso - 18 de decembro ás 17:00 h.

Bergondo
    • Centro Social de Guísamo - 16 de decembro ás 18:00h.
    • Auditorio A Senra - 20 de decembro ás 18:00h.

Betanzos
     • Local Social de Piadela - 2 de decembro ás 16:00h.
    • Local Social de San Martiño - 5 de decembro ás 19:00h.
    • Local Social de Xan Rozo - 11 de decembro ás 20:00h.
    • Local Social de Guiliade - 16 de decembro ás 12:00h.
    • Local Social de Infesta - 20 de decembro ás 16:00h.

Cambre
    • Local Social de Cela - 2 de decembro ás 20:00h.
    • Local Social de Andeiro - 4 de decembro ás 16:00h.
    • Local Social de Anceis Dereita - 9 de decembro ás 19:30h.
    • San Lourenzo - 17 de decembro ás 12:00h.
    • Local Social de Bribes Dereita - 19 de decembro ás 20:00h.
    • Local Social de Vigo - 20 de decembro ás 19:00h.

Carral
    • Local de Cañás - 3 de decembro ás 19:00h.
    • Local de Barcia - 12 de decembro ás 19:30h.
    • Local de Tabeaio - 16 de decembro ás 18:00h.

Culleredo
    • Centro Cívico Torre de Celas - 5 de decembro ás 16:00h.
    • Centro Social Culleredo - 10 de decembro ás 12:00h.
    • Centro Cívico de Fonteculler - 13 de decembro ás 16:00h.
    • Centro Cívico de Sueiro - 19 de decembro ás 16:00h.

Sada
   • Casa do Pobo de Meirás - 3 de decembro ás 16:00h.
    • Carnoedo - 9 de decembro ás 19:00h.
    • Soñeiro- 11 de decembro ás 16:00h.
    • Local Pistas Polideportivas - 17 de decembro ás 19:30h.
    • Casa do Pobo de Mondego - 18 de decembro ás 19:30h.

Oleiros
   • Casa do Pobo de Dorneda- 10 de decembro ás 18:00h.
    • Casa do Pobo de Lorbé - 11 de decembro ás 19:00h.
    • Teatro das Torres - 12 de decembro ás 19:00h..
    • Salón de actos do Centro Municipal de Formación (Os Regos) - 19 de decembro ás 12:00h.
    • Casa do Pobo de Iñás- 19 de decembro ás 18:00h.


Ficheiros relacionados
Cartel Calendario