Sensibilización sobre reciclaje de aceites en el CEIP Ría do Burgo
- 26 Nov, 24
O aceite vexetal usado é un produto que ten unha segunda vida. Ademais dos biocombustibles ou os aceites, que son os seus usos máis destacados, o aceite, unha vez limpo, estabilizado e dependendo da súa calidade, pode utilizarse para a fabricación de produtos cosméticos, pinturas, vernices, ...
De todo isto e moitas máis cuestións que responderon as preguntas do alumnado, falaron no CEIP Ría do Burgo de Culleredo da man de Mulleres Colleiteiras, adxudicataria do servizo de recollida de aceite usado no Consorcio As Mariñas.
Moitas grazas á dirección do Centro pola súa colaboración e compromiso ambiental.
None