XI ENCONTRO DOS SERVIZOS SOCIAIS COMUNITARIOS
- 28 Out, 24
Un ano máis, e xa van once, o Pazo de Mariñán acolleu o Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios organizado polo Consorcio As Mariñas a través do Plan Coordinador de Servizos Sociais.
A inauguración correu a cargo de Alejandra Pérez, alcaldesa de Bergondo, Yoya Neira, deputada provincial e María Barral, vicepresidenta do Consorcio As Mariñas, que destacaron a relevancia do Encontro na procura da mellora da calidade de vida da comunidade.
Coa asistencia de preto de noventa profesionais do ámbito social desenvolveronse tres conferencias a cargo de Belén Navarro "Del encargo imposible al desempeño posible", Susana Brignoni "Violencias y desamparos nas adolescencias: prácticas colaborativas do traballo en rede" e Víctor Nieto "Ferramentas de intelixencia artificial no ámbito dos servizos sociais"
Na xornada de tarde, profundizouse nos contidos da mañá a través de tres obradoiros específicos.
A calidade das propostas formativas presentadas e a implicación das profesionais asistentes fixeron posible o éxito da xornada.
None