CONSORCIO E DEPUTACIÓN DA CORUÑA ASINAN O CONVENIO PARA O MANTEMENTO DO SERVIZO DE ASESORÍA XURÍDICO SOCIAL

  • 09 Set, 24

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso asinaron na sede provincial o convenio para o mantemento do servizo de Asesoría Xurídica Social especializada do Consorcio As Mariñas para a anualidade 2024. A través deste servizo préstase apoio xurídico especializado ás persoas derivadas polos servizos sociais municipais dos oito concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) e que se atopan nunha situación de vulnerabilidade .
A Deputación da Coruña subvenciona este ano o 49,11% dos custos do servizo cunha cantidade anual que ascende a 60.000 euros. O equipo do servizo está integrado por dúas asesoras xurídicas especializadas e un auxiliar administrativo.

Foto: www.dacoruna.gal


None