O CONSORCIO AS MARIÑAS E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ASINAN O CONVENIO DE COLABORACIÓN EN ASESORÍA XURÍDICA SOCIAL
- 29 Dec, 23
- Máis información
O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso e a deputada de Política Social, Mar García Vidal, asinaron o convenio para o mantemento do servizo de Asesoría Xurídica Social especializada do Consorcio durante o ano 2023, prestando apoio xurídico especializado a persoas e familias derivadas polos servizos sociais dos oito concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada).
A Deputación da Coruña subvenciona este ano o 48% dos custes do servizo cunha cantidade anual que ascende a 60.000 euros. O equipo do servizo está integrado por dúas asesoras xurídicas especializadas e unha auxiliar administrativo.