Entrega da sétima edición do Premio José Luis Muruzábal
- 26 Out, 22
O presidente do Consorcio, acompañado por representantes dos concellos que o integran, resaltou o "papel esencial" que tivo esta asociación na atención social durante "a situación límite da pandemia".
O Consorcio As Mariñas celebrou, no Salón de Plenos do concello de Abegondo, o acto de entrega da sétima edición do Premio José Luis Muruzábal. O galardón foi entregado polo presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e a viuva de José Luis Muruzábal, Antonio Pérez a Pilar Castiñeira, presidenta de ANHIDA CORUÑA polo seu "Proxecto de saúde mental na pandemia, algo que chegou para quedar".