español  | galego 
Foto
 »  Plan coordinador »  Novas

Plugin noticia individual

CONVOCADO O V PREMIO JOSÉ LUIS MURUZÁBAL

[31/05/2018] Categoría: Destacados, Plan Coordinador

O Consorcio As Mariñas convoca a quinta edición do Premio José Luis Muruzábal a experiencias innovadoras no ámbito da saúde mental. E o xeito co que o Consorcio As Mariñas decidiu por unanimidade render homenaxe a unha persoa loitadora coma José Luis Muruzábal, fundador da Asociación Pro Enfermos Mentais (APEM) e que tanto traballou para visibilizar e dignificar ás persoas con enfermidade mental e ás súas familias.

Como nas edicións anteriores a participación está aberta a tódolos profesionais do ámbito da psquiatría, psicoloxía, mediciña ou ciencias sociais, tanto de xeito individual como colectivo, así como entidades públicas ou privadas, con ou sen ánimo de lucro, que desenvolvan, no seu ámbito de traballo, programas relacionados cos ámbitos sociolaboral e/ou socioeducativo. O prazo de recepción de traballos está aberto ata o 17 de setembro. O xurado valorará a innovación, aplicación práctica, alcance, claridade ou implantación do traballo presentado.

Para consultar as Bases prema aquí

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org