español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

FÓRMANSE EN DEREITO DE FAMILIA

[05/06/2012] Categoría: Plan Coordinador, Destacados

Promovido polo Consorcio As Mariñas

PROFESIONAIS DOS SERVIZOS SOCIAIS MUNICIPAIS FÓRMANSE EN DEREITO DE FAMILIA


Preto dunha treintena de profesionais dos servizos sociais municipais dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) reuníronse en Villa Melania, no concello de Culleredo, para asistir a unha xornada de formación en conceptos básicos sobre dereito de familia.

No acto inaugural tano a responsable da área de Benestar social e dimanización local do concello anfitrión, Raquel Jabares, como o responsable político da área de Servizos Sociais do Consorcio, Ignacio Crespo, resaltaron o aumento da carga de traballo neste departamento e na necesidade de dar respostas áxiles e eficaces aos problemas que as persoas usuarias plantexan nun contexto económico como o actual.

A xornada é unha iniciativa do Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas coa que trata familiarizar ao persoal técnico municipal nunha materia como a do dereito de familia, sobre a que se están a incrementar as consultas. Separación, dereitos e deberes dos pais, réxime de visitas ou pensións compensatorias foron algúns dos temas expostos pola asesora xurídica do Plan Coordinador de servizos sociais, Victoria Fernández Gamboa.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org