O sábado 23 de novembro tivo lugar a VIII Andaina contra a Violencia de Xénero, organizada polo Consorcio As Mariñas.
Na cita participaron centos de persoas que amosaron o seu rexeitamento contra esta lacra social.
Entre os asistentes, estiveron alcaldes e alcaldesas, concelleiros e concelleiras e representantes das asociacións dos oitos concellos que integran o Consorcio As Mariñas. Así mesmo, acudiron multitude de veciñas e veciños.
Grazas a todos e a todas por tomar parte na Andaina e por apoiar esta iniciativa.