español  | galego 
Foto
 »  Plan coordinador »  Novas

Plugin noticia individual

FALLO DO VI PREMIO JOSÉ LUIS MURUZÁBAL

[05/11/2019] Categoría: Destacados, Plan Coordinador

Reunido na sede do Consorcio As Mariñas o xurado do VI PREMIO JOSÉ LUIS MURUZÁBAL A PROXECTOS INNOVADORES NO ÁMBITO SOCIOLABORAL E/OU SOCIOEDUCATIVO EN PERSOAS CON ENFERMIDADE MENTAL e despois das deliberacións oportunas decide conceder o premio a "PROYECTO DE ATENCIÓN INTEGRAL" presentado por ANHIDA CORUÑA.

O xurado destaca da experiencia gañadora que amosa e demostra como a abordaxe integral do TDAH, dende as distintas áreas, é capaz de favorecer a mellora académica e a mellora na integración persoal e social dos participantes nos distintos servizos da entidade. Como dato relevante cabe destacar que o 80% de usuarios/as dos servizos de AnhidaCoruña con TDAH, promocionan de curso. Anhida Coruña traballa o TDAH desde todas as frontes: na prestación de servizos ás persoas afectadas e ás súas familias, na formación do profesorado e do persoal dos servizos sanitarios e na sensibilización da comunidade fronte a este trastorno.

A dotación económica do premio é de 2.000 ?.

O premio será entregado o xoves 14 de novembro ás 19.30 horas no Salón de Plenos do concello de Sada.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD