español  | galego 
Foto
 »  Plan coordinador »  Novas

Plugin noticia individual

VI ENCONTRO DOS SERVIZOS SOCIAIS

[28/09/2017] Categoría: Destacados, Plan Coordinador

O Pazo de Mariñán acolleu, o venres 22 de setembro, o VI Encontro dos Servizos Sociais Comunitarios 2017 organizado polo Consorcio As Mariñas e que contou coa colaboración coa Deputación da Coruña.

Esta xornada formativa, que parte das necesidades detectadas polo persoal técnico e as/os responsables políticas/os dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas, trata de dar resposta aos retos e demandas coas que o persoal técnico se atopa no día a día e mellorar os procesos de atención ás persoas usuarias. A administración electrónica, a intervención social, a comunicación eficaz ou a facilitación na resolución dos conflitos, foron algúns dos temas obxecto de formación e debate.

 

 

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org