español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[21/09/16] XII FESTIVAL INTERNACIONAL DE TÍTERES

O sábado 24 de setembro dará comenzo a decimosegunda edición do Festival Internacional de Titeres Consorcio As Mariñas que achegará espectáculos aos nove concellos ata finais de outubro.

Consulta aquí o calendario por datas e concellos.

Actividade cofinanciada pola Deputación da Coruña.

más información
[12/07/16] RECICLAXE DE VIDRO NO VERAN

O PLAN VERANO foi presentado hoxe no concello de Oleiros coa presenza do presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, os alcaldes de Oleiros e Sada, Ángel García e Benito Portela e representantes de Ecovidro.

A través do mesmo reforzarase o servizo de recollida coa instalación de novos contenedores nos concellos de Oleiros e Sada onde está prevista a participación de case 150 establecementos hosteleiros.

Os meses de verán son claves para incrementar a recollida de vidro xa que se recicla unha terceira parte do total de vidro anual.

más información
[21/06/16] GALARDON 'ESCOBA DE PRATA'

TECMA 2016, Feira Internacional do Urbanismo e do Medio Ambiente, entregou os ?Premios Escobas de Plata, Oro y Platino 2016? na décimoquinta edición e que concede a Asociación Técnica para la Gestión de Residuos y Medio Ambiente, ATEGRUS, como recoñecmento aos concellos, mancomunidades, cabildos, comunidades autónomas, empresas, enxeñerías e consultorías mais destacados na xestión de residuos e limpeza urbana.

Na categoría D, concellos, mancomunidades e Deputaciones de mais de 100.001 e menos de 250.000 habitantes, o Consorcio As Mariñas foi galardoado coa Escoba de Plata pola implantación dun sistema de mellora na eficiencia do servizo de recollida de residuos sólidos urbáns baseado en sensores para os colectores dos residuos monomateriais.

O premio recolleuno o presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso Miramontes.

 

 

más información
[26/05/16] XORNADA AREA METROPOLITANA E MOBILIDADE

A través desta xornada preténdese ofrecer unha visión do estado actual da mobilidade no entorno da área territorial do Consorcio As Mariñas e A Coruña, nas comunicacións mediante tren, autobús, avión e vehículos particulares así como as alternativas aos mesmos.

Destinatarios: Representantes políticos, persoal técnico, estudantes e público en xeral.

Número de prazas: 60

Inscripción: Gratuita a través do correo electrónico: info@consorcioam.org ou no teléfono 981 784 704 ext. 5

Enlaces de interese:

Orde do dia. As conexións ferroviarias no entorno metropolitano. Accesos por estrada: transporte público e sostibilidade. O aeroporto de Alvedro como motor económico da área metropolitana.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org