Apelamos á colaboración dos veciños e veciñas para garantir a salubridade das nosas rúas.
Rogamos que nesta Semana Santa o lixo se tire aos colectores os seguintes días: xoves, venres e domingo.
Lembramos que segue a funcionar a recollida de enseres voluminosos e mobles. Só é ncecesario chamar antes ao teléfono 981 795 524 para que che indiquen que día debes baixar o residuo ao teu colector habitual.
Grazas pola vosa colaboración!
Lembra que durante o estado de alarma o servizo de recollida do lixo do Consorcio As Mariñas segue a funcionar a diario pero pedimos que se extreme a colaboración cidadá:
Segue separando os residuos: orgánicos, inorgánicos, papel e cartón, vidro, aceite e téxtil. Os residuos principais (orgánicos e inorgánicos) deben ir sempre en bolsa pechada. Neste período de confinamento o horario para baixar o lixo é a partir das 20 horas.
Durante este período de confinamento estanse a reforzar as tarefas de limpeza, lavado e desinfección de contedores e recintos, principalmente nas zonas de máis densidade de poboación e número de puntos de acopio. Solicitase a colaboración cidadá polo beneficio de todos mediante y coidado escrupuloso do horario e o depósito dos residuos no interior dos colectores, evitando deixar residuos na vía pública
Grazas pola colaboración!
O Goberno de España publicou no Boletín Oficial do Estado a normativa a seguir en materia de residuos.
Rogamos prestedes especial atención ao Anexo, onde se explica como xestionar os residuos domésticos.
Lembrade que no consorcio a fracción "resto" deposítase no colector INORGÁNICO que se separa depois na planta de tratamento.
Grazas pola vosa colaboración.
Normativa residuos covid 19