español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[20/09/21] O PUNTO LIMPO MÓBIL RETOMA AS VISITAS AOS CENTROS ESCOLARES

O Consorcio As Mariñas ven de dar continuidade á iniciativa de sensibilización medioambiental posta en marcha o pasado curso escolar e dirixida aos centros educativos dos oito concellos que o integran.

A actividade consiste na presenza, durante unha semana, do Punto Limpo Móbil nas instalacións do centro escolar para, deste xeito, ofrecer a posibilide de depositar no mesmo os residuos para os que está destinado, conseguindo deste xeito:

-Facilitar un punto de entrega dese tipo de residuos.

-Promover a recollida separada das fraccións de residuos, especialmente os de maior potencial contaminante e que se xeran en menor cantidade.

-Combater o depósito incorrecto destes residuos no lixo común ou directamente no chan á beira dos colectores.

-Contribuír á sensibilización en materia de residuos, promovendo o concepto de economía circular.

-Favorecer a recollida, clasificación e preparación dos residuos especiais do fogar, para a súa reutilización.

-Completar o servizo que se ofrece desde o Consorcio As Mariñas coa recollida de voluminosos, Minipunto Limpo Fixo e Punto Limpo fixo.

O Punto Limpo Móbil vai acompañado de persoal técnico que resolverá dúbidas e proporcionará consellos para unha correcta separación dos residuos.

O correcto depósito de residuos supón un tratamento seguro para os mesmos na procura de concellos limpos e saudables. Isto implica a necesidade de sensibilizar na separación en orixe e no adecuado uso dos colectores instalados en vía pública para cada fracción (orgánico, inorgánico, papel, vidro, aceite, téxtil) así como do depósito do resto de tipoloxías de residuos urbanos en Punto Limpo.

Os Centros educativos interesados en participar neste programa poden contactar co Consorcio As Mariñas no correo comunicacion@consorcioam.org onde concretarán os detalles da participación.

 

 

más información
[13/08/21] 16 DE AGOSTO, FESTIVO LOCAL BERGONDO

O vindeiro luns 16 de agosto, festividade de San Roque, as oficinas do Consorcio As Mariñas permanecerán pechadas ao ser festivo local no concello de Bergondo.

 

Desculpen as molestias.

más información
[10/08/21] 15 E 16 DE AGOSTO: SERVIZOS DE RECOLLIDA E PUNTOS LIMPOS

O Consorcio As Mariñas informa dos servizos nos días 15 e 16 de agosto:

PUNTOS LIMPOS: Permanecerán pechados o luns 16 de agosto.

SERVIZO DE RECOLLIDA: Manterase con normalidade o luns 16 de agosto. Ademais o domingo 15 de agosto realizarase o servizo extraordinario de recollida previsto no periodo estival.

Grazas pola colaboración.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org