Con motivo do festivo do vindeiro martes 1 de maio non se realizará servizo de recollida de residuos urbanos. Tanto o luns 30 de abril coma o mércores 2 de maio haberá un reforzo do servizo para evitar que se produzan situacións de acumulación de lixo. Por outra banda, os oito puntos limpos do territorio permanecerán pechados o martes 1 de maio.
Desculpen as molestias.
O Consorcio As Mariñas colabora coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e coa Asociación de Empresarios de Bergondo na xornada que se celebrará o vindeiro mércores 25 de abril, a partir das 10.00 horas no Edificio Multiusos do Polígono Industrial de Bergondo (rúa Parroquia de Guísamo, s/n).
Na xornada daranse a coñecer as diferentes liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do Inega, do Igape e as propias de Emprego.
O Consorcio As Mariñas e o Club de Atletismo Sada veñen de asinar un convenio para desenvolver o proxecto "Talentum As Mariñas" destinado a alumnado dos Instituto de Educación Secundaria do territorio do Consorcio. O obxectivo é achegar a rapaces e rapazas as diferentes disciplinas do atletismo, promovendo hábitos saudables e de fomento do deporte de base.
Ao longo de cinco xornadas, que se celebrarán nas instalacións de INEF (Bastiagueiro-Oleiros), adestradores do Club de Atletismo Sada deseñarán circuitos axeitados á idade do alumnado participante de xeito que poidan facer, como mínimo, unha proba de velocidade, lanzamento, saltos e relevos. As xornadas rematarán con unha lúdica competición inter-centros como broche final.
O acordo foi asinado polo presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e o presidente do Club de Atletismo Sada, Fernando Míguez.