español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[23/12/16] II CAMPUS DE ATLETISMO DE NADAL

Organizado polo Consorcio As Mariñas coa colaboración da Federación Galega de Atletismo e a subvención da Deputación da Coruña celebrararse o II Campus de Atletismo de Nadal, dirixido a nenos e nenas entre 5 e 12 anos dos nove concellos que integran o Consorcio As Mariñas. O Campus celebrarase do 26 ao 29 de decembro en quenda de mañá ou tarde (agás Oleiros no que as quendas serán do 27 ao 30 de decembro). A actividade é gratuita.

 

Para información e inscripcións consulta neste enlace: bit.ly/2h8HodF

más información
[13/12/16] RUTA DO IMPRESIONISMO

A Casa da Cultura de Sada acolleu a presentación da Ruta do Impresionismo das Mariñas no marco do convenio de colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia. Este acordo ten como obxectivo difundir o patrimonio cultural, paisaxístico e turístico deste xeodestino centrado na figura do pintor Francisco Llorenes, o pintor das Mariñas, un dos paisaxistas de referencia na historia da arte do século XX e que recolleu na súa obra diferentes puntos das Mariñas.

Esta iniciativa participa na candidatura a Itinerario Cultural Europeo 2017 do Consello de Europa.

más información
[22/11/16] ORDENANZA RU

Anuncio de aprobación definitiva de modificación da Ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servicio de recollida e tratamento de lixos e residuos urbanos do Consorcio As Mariñas

Boletín Núm.247 Jueves, 30 de diciembre de 2016

más información
[04/11/16] PREMIOS PLAN VERANO ECOVIDRIO

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, os alcaldes de Oleiros e Sada, Ángel García e Benito Portela, respectivamente e o xerente de Ecovidrio en Galicia, Germán Fernández, entregaron hoxe os premios do Plan Verano que Ecovidrio desenvolveu nos meses de xullo e agosto en 94 localidades costeiras, pertencentes a 14 provincias e a 7 comunidades autónomas, cun total de case 10.000 establecimentos hosteleiros participantes. No caso de Oleiros e Sada foron 134 os establecementos hosteleiros participantes e recolléronse case 187 toneladas de envases de vidro.

 

O presidente do Consorcio agradeceu a colaboración dos hosteleiros e dos concellos. Os establecementos premiados foron Karaoke Sitio Distinto, Pub Cube, A Tribisqueira e Café Carnoedo.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org