español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[14/06/17] + QUE RESIDUOS

O CEIDA acaba de publicar na súa páxina web as ponencias presentadas na Xornada  '+ Que Residuos': A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos, organizada o pasado mes de abril xunto ao Concello da Coruña e que tivo lugar no Centro Ágora.

Pode acceder a toda a información en: www.ceida.org/formacion/mais-que-residuos-xornada-economia-social-na-xestion-municipal-dos-residuos.html

más información
[15/05/17] RECOLLIDA LIXO DÍA 17 DE MAIO

O Consorcio As Mariñas informa que, con motivo da celebración o mércores 17 de maio do Día das Letras Galegas, non se realizará servizo de recollida de residuos urbáns e os Puntos Limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados durante toda a xornada.

Desculpen as molestias.

más información
[11/04/17] RECOLLIDA DO LIXO EN SEMANA SANTA

 

Con motivo da Semana Santa o venres 14 e o sábado 15 de abril o servizo de recollida se realizará do xeito habitual. O xoves 13 de abril, aínda que non haberá servizo de xeito xeral, este ano sairán 5 vehículos para reforzar a recollida nas zonas de maior afluencia turística.

Por outra banda, os puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados o xoves 13 e o venres 14 de abril.

más información
[20/03/17] + QUE RESIDUOS

+ QUE RESIDUOS: A Economía Social na Xestión Municipal dos Residuos

O Consorcio As Mariñas, xunto co concello da Coruña e o Ceida, organizan o vindeiro xoves 6 de abril no Centro Ágora da Coruña, unha xornada dirixida a dar a coñecer os procedementos administrativos para a contratación da xestión dos residuos sólidos urbanos por empresas de economía social, experiencias exitosas de economía social na xestión dos residuos e a creación de emprego e empoderamento social dos colectivos en risco de exclusión social mediante o fomento de iniciativas de xestión de residuos.

Esta xornada esta dirixida a persoal técnico de distintas administracións locais vinculados á planificación e xestión municipal, responsables de medio ambiente e da xestión dos residuos das entidades locais, actores implicados na xestión dos residuos sólidos urbanos, outros actores económicos e sociais interesados e público xeral.

A entrada é gratuita e as prazas son limitadas. Pódese formalizar a inscripción no seguinte enlace: www.ceida.org/formacion/formulario-inscricion.html

 

 

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org