Sempre é importante pero nestas datas necesitamos da colaboración cidadá con mais intensidade. LEMBRA:
Depositar o lixo en bolsa ben pechada dentro do colector a partir das 22.00 horas.
Non depositar dentro colector residuos non aptos coma madeira, podas, etc.
Non deixes na rúa mobles, colchóns, enseres,... sen avisar. Podes chamarnos ao 981795524 e indicaremos cando podes depositalos ao carón do colector que indiques.
Desde o Consorcio As Mariñas queremos dar as GRAZAS ao persoal do servizo de recollida de lixo polo traballo que están a facer nestes días, saíndo cada noite á rúa para garantir a hixiene e salubridade de toda a cidadanía.
Facilitemos o seu traballo depositando as bolsas dentro dos colectores, correctamente pechadas, e non deixando residuos non aptos como podas, madeiras, etc nos colectores.
Lembramos que os puntos limpos permanecen pechados pero que funciona a recollida de enseres domésticos PREVIA CHAMADA AO 981 795 524.
GRAZAS!
O Consorcio As Mariñas pecha as súas oficinas de atención ao público dende hoxe, luns 16 de marzo de 2020 e ata novo aviso.
Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos.
Para consultas indispensables, porá chamar ó teléfono 981784704 onde recibirá ás instrucción precisas.
Todas as consultas se realizarán por correo electrónico:
Relacionadas coa taxa de basuras (altas, baixas, modificacións, etc): registro@consorcioam.org
Propias de medioambiente (incidencias sobre recollida de lixo, problemas con contenedores, etc...): medioambiente@consorcioam.org
Propias do Plan Coordinador de Servizos Sociais: gabinetepc@consorcioam.org ou ben asesoriapc@consorcioam.org
Para outras consultas de administración xeral: info@consorcioam.org
Para presentar solicitudes ou calquera documentación se poderá facer a través da sede electrónica.
Pódese acceder a través da páxina Web do Consorcio As Mariñas: www.consorcioam.org
A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano.
Estas medidas son de carácter temporal e poderanse modificar segundo evolucionen os acontecementos.