O Pleno celebrado esta mañá na sede do Consorcio As Mariñas ratificou a o alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes como presidente da entidade supramunicipal.
Na vicepresidencia tamén foi reelexida a alcaldesa de Bergondo, Alejandra Pérez Máquez.
A campaña de sensibilización 'E ti, que fas polo mundo?' que o Consorcio As Mariñas desenvolveu no presente curso en colaboración co CEIDA, rematou para o presente curso. Nesta nova edición, que ven a continuar a labor iniciada no curso 2013-2014, participaron todos os nenos e nenas de 5º curso de Educación Primaria dos concellos de Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada. En total foron 128 obradoiros que tentaron sensibilizar en materia de medioambiente e residuos.
A actividade complementouse cun facebook: https://www.facebook.com/etiquefaspolomundo?fref=ts
O Consorcio As Mariñas ven de establecer unha liña de colaboración có Real Club Deportivo de La Coruña a través da que os nenos e nenas empadroados nos nove concellos do Consorcio disporán de descontos no tradicional campus de verán que organiza o clube.
Este é o díptico da actividade.