Desde o 24 de maio ata o 18 de xuño, catro centros escolares da comarca participarán na iniciativa do Consorcio As Mariñas de levar o Punto Limpo Móbil aos centros educativos do territorio. Así, nas próximas catro semanas a Brigada Cívica estará dando explicacións didácticas sobre a reciclaxe e a separación de residuos
Do 24 ao 28 de maio, no IES Afonso X O Sabio do Concello de Cambre. Do 31 de maio a 4 de xuño, no IES Isaac Díaz Pardo do Concello de Sada. Do 7 ao 11 de xuño, no CEIP Vila de Rutis do Concello de Culleredo. Do 14 ao 18 de xuño, no CEIP F. Vales Villamarín do Concello de Betanzos.
Faremos unha pausa nesta acción debido ás vacacións de verán, pero en setembro, retomaremos a actividade.