O Consorcio As Mariñas convoca a segunda edición do Concurso de fotografía para a elaboración do calendario 2022.
As fotografías estarán relacionadas co medio ambiente no ámbito territorial dos oito concellos que integran o Consorcio As Mariñas. Terase en conta a relación cos servizos que presta o Consorcio As Mariñas, a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.
O prazo de presentación de imáxenes comenza hoxe e rematará o vindeiro 5 de decembro.
Para consultar as Bases, prema aqui
Infórmase que, con motivo da festividade do 1 de novembro, o servizo de recollida de residuos urbanos se realizará de xeito habitual.
Asimesmo o mércores 3 de novembro, festividade de San Martín de Porres, patrón dos varredores, segundo reflexa o convenio colectivo en vigor para o centro de traballo Cespa As Mariñas, NON HABERÁ SERVIZO DE RECOLLIDA, polo que tanto o día anterior coma o posterior disporase de vehículos de reforzo.
Os puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados o luns 1 e o mércores 3 de novembro.
Agradecendo a colaboración da cidadanía, desculpen as molestias.