español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[23/03/20] NOTA INFORMATIVA: XESTION RESIDUOS DOMICILIARIOS NO ESTADO DE ALARMA COVID19

O Goberno de España publicou no Boletín Oficial do Estado a normativa a seguir en materia de residuos.

Rogamos prestedes especial atención ao Anexo, onde se explica como xestionar os residuos domésticos.

Lembrade que no consorcio a fracción "resto" deposítase no colector INORGÁNICO que se separa depois na planta de tratamento.

Grazas pola vosa colaboración.

Normativa residuos covid 19

más información
[23/03/20] DEPÓSITO MATERIAL DE PROTECCIÓN CORONAVIRUS

Dende o Consorcio As Mariñas lembramos que o material de protección fronte o coronavirus (mascarillas, luvas,...) que se utilice nos domicilios debe ir ao colector de residuos INORGÁNICOS extremando as precaucións.

 

En caso de sospeita de infección, prégase utilizar unha triple bolsa pechada.

 

Os residuos procedente de hospitais, ambulancias, centros de saúde, xa están a levar unha xestión aparte deses residuos conforme á normativa disposta para residuos sanitarios.

más información
[20/03/20] LIMPEZA E DESINFECCIÓN DE COLECTORES

O Consorcio As Mariñas está levando a cabo traballos de desinfección de contenedores como medida de prevención contra a propagación do Covid-19.

A campaña prolongarase durante todo o estado de alarma decretado polo Goberno do Estado.

A desinfección consiste en aplicar desinfectante con hipoclorito sódico nos principais elementos que utiliza a cidadanía e os operarios. É o caso das tapas, asas e suxeitacontedores. Tamén se aplica na súa contorna.

Respecto ás zonas xeográficas, nun primeiro momento centrarase nos puntos máis concorridos. Así, nas primeiras horas levouse a cabo este servizo en zonas do Burgo (Culleredo), concello de Cambre e concello de Betanzos.

Así mesmo, o servizo refórzase hoxe venres xa que onte non se realizou recollida por ser festivo.

Queremos repetir o noso agradecemento aos profesionais da recollida e tratamento do lixo que están levando a cabo un traballo esencial nun momento tan difícil coma este.

Os alcaldes dos municipios adheridos ao Consorcio tamén trasladan este agradecemento e alaban o esforzo que están levando a cabo.

más información
[18/03/20] COLABORA NA RECOLLIDA DE LIXO

Sempre é importante pero nestas datas necesitamos da colaboración cidadá con mais intensidade. LEMBRA:

Depositar o lixo en bolsa ben pechada dentro do colector a partir das 22.00 horas.

Non depositar dentro colector residuos non aptos coma madeira, podas, etc.

Non deixes na rúa mobles, colchóns, enseres,... sen avisar. Podes chamarnos ao 981795524 e indicaremos cando podes depositalos ao carón do colector que indiques.

 

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org