O Consorcio As Mariñas colabora coa Consellería de Economía, Emprego e Industria e coa Asociación de Empresarios de Bergondo na xornada que se celebrará o vindeiro mércores 25 de abril, a partir das 10.00 horas no Edificio Multiusos do Polígono Industrial de Bergondo (rúa Parroquia de Guísamo, s/n).
Na xornada daranse a coñecer as diferentes liñas de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través do Inega, do Igape e as propias de Emprego.
O Consorcio As Mariñas e o Club de Atletismo Sada veñen de asinar un convenio para desenvolver o proxecto "Talentum As Mariñas" destinado a alumnado dos Instituto de Educación Secundaria do territorio do Consorcio. O obxectivo é achegar a rapaces e rapazas as diferentes disciplinas do atletismo, promovendo hábitos saudables e de fomento do deporte de base.
Ao longo de cinco xornadas, que se celebrarán nas instalacións de INEF (Bastiagueiro-Oleiros), adestradores do Club de Atletismo Sada deseñarán circuitos axeitados á idade do alumnado participante de xeito que poidan facer, como mínimo, unha proba de velocidade, lanzamento, saltos e relevos. As xornadas rematarán con unha lúdica competición inter-centros como broche final.
O acordo foi asinado polo presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso e o presidente do Club de Atletismo Sada, Fernando Míguez.
Consiste en dotar ás peixeiras que estean adheridas a esta campaña, dun contedor propio para o depósito dos residuos orgánicos da súa actividade.
A finalidade é evitar a mezcla deses residuos cos dos cidadáns nos contedores da vía pública.
Deberase contar coa colaboración dos establecementos adheridos para habilitar a recollida do seu contedor no horario que se lle establezca.
O seu almacenamento diferenciado minimiza as molestias aos cidadáns, principalmente en canto a cheiros.
Implantación dun novo servizo de recollida comercial de cartón que se leva a cabo recollendo os residuos de cartón nos comercios adheridos a este servizo "porta a porta", é dicir, contando coa colaboración dos comerciantes que depositan os seus residuos de cartonaxe no lugar e día acordados diante do seu establecemento e se lles retiran polo servizo de xeito individual.
Deste modo obtense un material de alta calidade para a súa reciclaxe, se lles presta aos comerciantes un servizo directo e se deixa unha maior capacidade nos colectores de papel-cartón da vía pública para o depósito da cidadanía.