español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[12/04/22] PRESENTACIÓN DE NOVOS MEDIOS PARA A RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS

O presidente do Consorcio As Mariñas, José Antonio Santiso, presentou dous novos camións que virán a reforzar o servizo de recollida de residuos no territorio. Acompañado por Borja Martín Zorita, Director Rexional zona Norte, Manuel Docampo Seoane, delegado da zona noroeste e Jorge Pérez Castillo, xerente en Galicia, en representación da empresa concesionaria do servizo, Prezero e por persoal técnico do Consorcio As Mariñas inspeccionaron os novos medios consistentes nun camión de 23 m/3 de dobre compartimento e un camión de 26 m/3 de recollida lateral con sistema para evitar o envorco.

Ambos vehículos contan, entre outras solucións técnicas, con caixa de cambios automática, que facilita o manexo do camión aos condutores e ten maior eficiencia no gasto de combustible ca manual; ralentizador, que permite reducir a velocidade do camión sen accionar o freo ou cámara de visión traseira para a zona do compactador e estribos de peóns.

Ademais incorporan un sistema de radar e cámara dianteira que xestiona sistemas de seguridade coma o sistema LDWS, aviso de rebasamento de liña a través dunha alerta visual e acústica ao traspasar unha liña da estrada de forma non intencionada e o sistema AEBS de freado automático de emerxencia que detecta vehículos en movemento e estáticos situados por diante do camión, e determina se pode ser un risco. Nese caso advirte a través dun sinal visual e acústico, e frea o vehículo en caso de accidente inminente co vehículo que circula diante.

 

más información
[11/04/22] RECOLLIDA EN SEMANA SANTA

Infórmase que, con motivo dos festivos da Semana Santa, o xoves 14 de abril NON haberá servizo de recollida. O venres 15 de abril o servizo realizarase do xeito habitual. Nestas datas a empresa disporá de vehículos de reforzo no servizo.

Os puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados o xoves 14 e o venres 15 de abril.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org