Hoxe, as 20.30 horas na Sala de Exposicións do Edificio Toñito Espiñeira de Carral, inaugurase a exposición itinerante do artista Luis Galán que leva por título 'As Mariñas de Nunca Xamais'. Permanecerá aberta ata o 12 de outubro e poderá ser visitada de luns a venres en horario de 9 a 14.30 horas.
A exposición complementarase cunha 'Quedada-Obradoiro' de técnica glicée (ilustracións vectoriais) dirixida polo artista e na que poderán participar afeccionados ao debuxo, á pintura, ao deseño gráfico, á fotografía,... previa inscripción de balde na Casa da Cultura (teléfono 981 672 580).
Bota a andar unha nova edición do Festival
Consulta a programación que se desenvolverá nos concellos do Consorcio As Mariñas
Hoxe, as 20.30 horas na Sala de Exposicións do Edificio Arquivo Liceo de Betanzos, inaugurase a exposición itinerante do artista Luis Galán que leva por título 'As Mariñas de Nunca Xamais'. Esta iniciativa cultural do Consorcio As Mariñas enmárcase na proposta conxunta das concellerías de cultura e busca a promoción e difusión de manifestacións artísticas e culturais do noso territorio. Neste caso o autor amósanos as paisaxes e rincóns dos nove concellos a través dunha novedosa técnica vectorial que inunda de cores os seus cadros. Esta exposición compleméntase con sesións didácticas abertas ao público en xeral e percorrerá os nove concellos ata marzo de 2015.