español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[11/05/20] OS PUNTOS LIMPOS REABREN O MÉRCORES 13 DE MAIO

Desde o Consorcio As Mariñas comunicamos que a partir do mércores 13 de maio reabren os PUNTOS LIMPOS no seu horario habitual de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 15.30 a 19.00 horas e os sábados de 9.30 a 13.30 horas.

Compartimos as medidas que se deberán levar a cabo neles co fin de garantir a seguridade das persoas usuarias do servizo e do persoal.

1. O acceso ao punto limpo realizarase seguindo as recomendacións do persoal existente no mesmo.

2. O acceso ao punto limpo realizarase nun (1) vehículo, de forma graduada, de tal maneira que dentro da instalación haxa un único vehículo.

3. A espera para acceder á instalación realizarase no exterior do punto limpo, formando unha única fila de acceso.

4. Durante a estancia da persoa usuaria no punto limpo manterase a distancia social de seguridade de 2 metros co persoal do punto limpo.

5. Os residuos que se depositen no punto limpo terán que ser do tamaño suficiente para movelo unha soa persoa, xa que debe ser o mesmo usuario quen o deposite nos contedores correspondentes, sen axuda do persoal do punto limpo. Se fose imposible a manipulación por unha soa persoa poderá vir acompañado no mesmo vehículo para a axuda no depósito.

6. Para garantir a protección do persoal do punto limpo, recoméndase que os usuarios que accedan ao interior do mesmo leven posto máscara e luvas.

GRAZAS POLA COLABORACIÓN.

 

más información
[06/05/20] O CONSORCIO AS MARIÑAS REABRE AS OFICINAS XERAIS CON CITA PREVIA

 

O Consorcio As Mariñas informa que, a partir do luns 11 de maio, abrirá as oficinas xerais e o Rexistro, ata o de agora pechadas. A atención será previa cita para a realización de trámites que sexan urxentes ou imprescindibles e que non se poden efectuar de forma telemática. A cita previa poderá solicitarse no 981 784 704 ou ben dirixindo un correo electrónico ao enderezo info@consorcioam.org.

O Consorcio As Mariñas ven de instalar sistemas de protección para ofrecer unha correcta atención ao público ademais de dotar ao seu persoal de luvas e máscaras para garantir a seguridade.

A sede do Consorcio As Mariñas está situada en Bergondo, no lugar de Bos, naves O Carballal, 4.

 

más información
[28/04/20] CONTINÚAN AS LABORES DE DESINFECCIÓN DE COLECTORES

Dende que se decretou o estado de alarma o Consorcio As Mariñas está a desenvolver traballos de desinfección do mobiliario urbano relacionado coa recollida de residuos para evitar posibles contaxios.

En concreto desinfectáronse xa máis de 13.500 colectores nos oito concellos consorciados: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

A esta labor dedícanse recursos específicos con equipos móbiles de limpeza que percorren o territorio. En concreto, aplícase a presión unha solución de hipoclorito sódico de forma nebulizada facendo un rociado manual para poder abarcar a totalidade das partes dos diferentes tipos de colectores, incluíndo o corpo completo e a tapa.

más información
[20/04/20] RECOMENDACIONS DE SEGURIDADE

Lembramos as recomendacións do Consorcio As Mariñas para manter a salubridade das nosas rúas e garantir a seguridade común.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org