español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Axenda

Encabezado Axenda

 

Axenda

Plugin axenda

[20/12/19] PUNTO LIMPO DE SADA: HOXE ATA AS 18.00 HORAS

Informamos que por roubo de toda a instalación eléctrica do punto limpo de Sada e coa finalidade de preservar a seguridade e integridade tanto do persoal coma das persoas usuarias, o PUNTO LIMPO DE SADA pechará ás 18.00 horas ata a reposición substraída, o que se realizará á maior brevidade.

Desculpen as molestias.

 

 

 

más información
[25/11/19] AS MARIÑAS DI NON: DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

DECLARACIÓN INSTITUCIONAL

VIII ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XENERO

OLEIROS, 23 de novembro de 2019

 

"Bo día! Veciñas e veciños de As Mariñas!

 

Hoxe é un deses días nos que ten especial relevancia acudir de forma conxunta a un acto destas características, no que o voso posicionamento, individual e como comunidade, é fundamental para visibilizar, a través deste xesto, a nosa postura firme e decidida a rexeitar calquera forma de violencia, especialmente a machista, e a traballar arreo pola igualdade entre mulleres e homes.

 

Por iso quero darvos as grazas, no nome de todos os concellos de As Mariñas, pola vosa presenza hoxe aquí, especialmente a todas aquelas entidades que colaboraron para poder desenvolver este acto.

 

Ano tras ano xuntámonos e amosamos cando se acerca esta data, o 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero, o noso rexeitamento a este mal endémico da nosa sociedade. Pero non debemos esquecer que a única forma de conseguir cambios reais e efectivos é amosando a mesma posición e a mesma actitude todos os días, os 365 días do ano.

 

As mulleres e os homes que estamos nos gobernos municipais temos unha grande responsabilidade, deseñar e implementar aquelas medidas necesarias para corrixir estas desigualdades con proxectos, programas, actuacións..., pero todo isto é inútil, non ten resultados, senón hai un cambio real no día a día de cada unha das persoas que estamos hoxe aquí.

 

Todas e cada unha das persoas que formamos as nosas comunidades temos unha responsabilidade maior, todos os días, todas as horas, no traballo, coas amizades, cos nosos fillos e fillas, cos nosos netos e netas, no bar, no deporte..., en todos os ámbitos; a responsabilidade da nosa actitude diaria.

 

Unha actitude aberta, dialogante, non violenta, respectuosa, non ofensiva, que mire ás persoas, independentemente do seu xénero, da súa ideoloxía, da súa raza, das súas crenzas... O respecto e o afecto polas persoas coas que convivimos é a base e o camiño para a convivencia en paz e en igualdade.

 

Esta actitude é o mellor legado que podemos levar ás futuras xeracións, a senda pola que transitar na convivencia para ter, nun futuro, un mundo mellor do que temos na actualidade.

 

A todas e todos pídovos unha reflexión acerca das cousas que facemos e podemos cambiar no noso día a día para acercarnos mais a esa convivencia en igualdade e libre de violencia que tanto desexamos.

 

Moitas grazas pola vosa presenza e o voso compromiso."

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD