O Concurso Fotográfico "Calendario Consorcio As Mariñas 2021" xa coñece aos gañadores que verán as súas fotos na edición deste ano. O xurado valorou a alta participación e a a posta en valor da paisaxe e do medio natural do territorio do Consorcio As Mariñas.
As fotografías seleccionadas son as seguintes:
1. Autor: José Liñeira Piñeiro "Praia de Arnela".
2. Autor: Eduardo Regueiro Lorenzo (sen título)
3. Autor: Adrián Carro Ramos "Embalse Cecebre Observatorio aves Crendes"
4. Autora: Isabel Sanjurjo Bello "Os muíños de Herves en Carral"
5. Autor: José Luis García Mendoza "Cecebre"
6. Autora: Tane Monzo Reimúndez "Mariscando en la ría de Sada"
7. Autor: Yago Carballeira Lorenzo "1"
8. Autora: Susana Fontenla Carro (sin título)
9. Autora: Yolanda Hernández García "Ruta das Xesteiras"
10. Autor: José Luis Morán Cabezas "El Castillo"
11. Autor: Francisco Salvado Ferro "3"
12. Autor: Eduardo Calviño Barro "Pareja de cisnes"
Suplentes:
1. Autora: Belén Morandeira Louzán "2"
2. Autora: Cristina Pardo Mazas "Sendeiros máxicos"
3. Autora: Meri Urresti "Cormorán. Playa de Las Delicias. Sada"
4. Autora: Marcos Gestal Pose "Costa da Égoa"
5. Autor: José Manuel Ojén León (sen título)
6. Autor: Enrique Calviño Dorado "Encoro de Cecebre desde Crendes"
Segundo o establecido nas Bases da convocatoria o xurado decidiu por unanimidade declarar como gañadora absoluta a fotografía de José Liñeira Piñeiro "Praia de Arnela", premio dotado cunha táblet. O xurado destaca desta fotografía a calidade técnica e a forza que transmite tanto a través do movemento coma das cores.
En vindeiras datas procederase á entrega dos agasallos.
O Consorcio As Mariñas informa que os días 25 de decembro e 1 de xaneiro NON haberá recollida de residuos polo que deberá evitarse o depósito na noite anterior.
Os oito puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados os días 24, 25 e 31 de decembro e os días 1 e 6 de xaneiro.
Grazas pola colaboración.
O Consorcio As Mariñas convoca a primeira edición do Concurso de fotografía para a elaboración do calendario 2021. As fotografías estarán relacionadas co medio ambiente no ámbito territorial dos oito concellos que integran o Consorcio As Mariñas. Terase en conta a relación cos servizos que presta o Consorcio As Mariñas, a calidade técnica e a orixinalidade da imaxe.
O prazo de presentación de imáxenes comenza hoxe e rematará o vindeiro 14 de decembro.
Para consultar as Bases, prema aquí