Infórmase que, con motivo do festivo do 6 de decembro, non haberá servizo de recollida nesa xornada.
O sábado 8 de decembro, festivo, a recollida se realizará do xeito habitual reforzándose o servizo o 7 de decembro.
Os puntos limpos do Consorcio As Mariñas permanecerán pechados tanto o xoves 6 coma o sábado 8 de decembro.
Infórmase que, con motivo da festividade do 1 de novembro, o xoves 1 non haberá servizo de recollida de residuos urbáns.
O sábado 3 de novembro, festividade de San Martín de Porres, patrón dos barrendeiros, segundo recolle o convenio colectivo en vigor da empresa concesionaria do servizo para o centro de traballo Cespa As Mariñas, haberá servizo de recollida pero OS PUNTOS LIMPOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS permanecerán PECHADOS tanto o XOVES coma o SÁBADO, días 1 e 3 de novembro, respectivamente.
Desculpen as molestias.
Con motivo do festivo do mércores 15 de agosto o Consorcio As Mariñas informa que se realizará a recollida extraordinaria de domingos e festivos, reforzándose o servizo con oito rutas de recollida de lixo e unha ruta de recollida selectiva de papel, coa finalidade de ofrecer unha mellor imaxe e evitar, na medida do posible, a acumulación de lixo nos colectores.
O xoves 16 de agosto o servizo se prestará do xeito habitual.
Os puntos limpos do Consorcio As Mariñas pecharán o mércores 15 e o xoves 16 de agosto.
Agradecemos a colaboración da cidadanía no respecto do horario de depósito nos colectores (a partir das 22.00 horas) evitando deixar bolsas ou outros materiais arredor dos colectores. A recollida de enseres e voluminosos mantense previa chamada ao 981795524.
Os meses de verán son a época do ano na que mais residuos xeramos no territorio do Consorcio As Mariñas como consecuencia do aumento da poboación na maioría dos concellos. Co compromiso medioambiental e a responsabilidade do Consorcio As Mariñas como entidade que xestiona o servizo público de recollida selectiva dos residuos urbanos e asimilables, o seu transporte conxunto e tratamento, a cidadanía pode e debe desfrutar destas datas.