español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Agenda

Encabezado Agenda

Agenda

Plugin agenda

[06/05/20] O CONSORCIO AS MARIÑAS REABRE AS OFICINAS XERAIS CON CITA PREVIA

 

O Consorcio As Mariñas informa que, a partir do luns 11 de maio, abrirá as oficinas xerais e o Rexistro, ata o de agora pechadas. A atención será previa cita para a realización de trámites que sexan urxentes ou imprescindibles e que non se poden efectuar de forma telemática. A cita previa poderá solicitarse no 981 784 704 ou ben dirixindo un correo electrónico ao enderezo info@consorcioam.org.

O Consorcio As Mariñas ven de instalar sistemas de protección para ofrecer unha correcta atención ao público ademais de dotar ao seu persoal de luvas e máscaras para garantir a seguridade.

A sede do Consorcio As Mariñas está situada en Bergondo, no lugar de Bos, naves O Carballal, 4.

 

más información
[28/04/20] CONTINÚAN AS LABORES DE DESINFECCIÓN DE COLECTORES

Dende que se decretou o estado de alarma o Consorcio As Mariñas está a desenvolver traballos de desinfección do mobiliario urbano relacionado coa recollida de residuos para evitar posibles contaxios.

En concreto desinfectáronse xa máis de 13.500 colectores nos oito concellos consorciados: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

A esta labor dedícanse recursos específicos con equipos móbiles de limpeza que percorren o territorio. En concreto, aplícase a presión unha solución de hipoclorito sódico de forma nebulizada facendo un rociado manual para poder abarcar a totalidade das partes dos diferentes tipos de colectores, incluíndo o corpo completo e a tapa.

más información
[20/04/20] RECOMENDACIONS DE SEGURIDADE

Lembramos as recomendacións do Consorcio As Mariñas para manter a salubridade das nosas rúas e garantir a seguridade común.

más información
[14/04/20] OS COLECTORES DE LIXO DEBEN PERMANECER PECHADOS

Dende o Consorcio As Mariñas insistimos que, tamén durante o estado de alarma, os colectores deben permanecer pechados.

A posible contaminación de coronavirus polo contacto directo cos contenedores pódese evitar co uso de luvas, botando xel hidroalcohólico e lavando as mans con auga e xabón.

Lembramos ademais que se están levando a cabo desinfeccións periódicas dos colectores como medida de prevención.

Grazas pola colaboración.

más información
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org