GABINETE DE INSERCION SOCIOLABORAL
O seu obxectivo é apoiar aos equipos de intervención familiar dos servizos sociais comunitarios na inserción social e laboral daquelas persoas con especiais dificultades para acceder ou manter un posto de traballo.
O servizo está baseado na idea de que o acceso ao mundo laboral é o mellor camiño para acadar unha plena integración social.
A derivación ao gabinete, como no caso de asesoría xurídica, é dende os servizos sociaisd e cada concello a través dun protocolo. Neste caso a atención é de un ou dous días ao mes dependendo do concello.
O equipo de profesionais está integrado por unha psicóloga, unha técnica de inserción e catro preparadoras laboráis.
A metodoloxía de traballo é a través de itinerarios de inserción personalizados, co acompañamento profesional necesario, e cun carácter flexible e integral, de tal forma que en todo o momento a persoa se vexa apoiada.
Os colectivos ou grupos aos que está dirixida especialmente a actividade do gabinete é o de persoas con discapacidade, enfermos mentais, mulleres con baixa ou nula formación ou capacitación profesional, persoas carentes de habilidades sociais e hábitos laborais..., en definitiva persoas con problemas de empregabilidade.
As actuacións desenvoltas dende o Gabinete son as seguintes:
Este servizo está cofinanciado pola Excma. Deputación Provincial da Coruña a través dun convenio anual.