español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Servizos »  Recollida de aceites

Aceites fritos y usados

RECOLLIDA DE ACEITES DA HOSTALERIA


O Consorcio As Mariñas asinou un convenio coa empresa Protección Medioambiental, S.L. (PMA,S.L.) como xestora autorizada para a recollida e reclicado de aceites de consumo doméstico e aceites minerais usados.

A recollida selectiva de aceites fritos e minerais usados é unha actuación comprendida no marco da lexislación en materia de medioambiente, normativa que, por outra banda, prohibe explicitamente os vertidos á rede de saneamento de substancias líquidas que poidan poñer en perigo a saúde humana e atentar contra o mediambiente.

No  caso de aceites fritos usados tratase de aceites de uso doméstico procedentes de elaboración e transformación de alimentos en empresas de hostalería, colexios, hospitais, comunidades de veciños,etc.

Os colectores son entregados de balde pola empresa xestora a todos aqueles  establecementos ou comunidades que o soliciten a través dos servizos medioambientais do propio Consorcio.

A frecuencia do servizo será determinada polo uso dos colectores, segundo as necesidades, e garántese a súa  recollida sempre que os establecementos ou comunidades de veciños así o demanden.

Respecto dosaceites minerais usados, trátase de establecer a recollida selectiva de aceites minerais procedentes da labor de talleres e garaxes, e  nun futuro immediato ampliar a outros consumidores.

En ámbolos dous casos o Consorcio As Mariñas realizou campañas informativas para concienciar á cidadanía  e o sector da hostelería e talleres e garaxes. Mantense un proceso de seguimento periódico do cumplimiento e grado de satisfacción da persoa usuaria.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org