español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Servizos »  PUNTO LIMPO MÓBIL

PUNTO LIMPO MÓBIL

O PUNTO LIMPO MÓBIL é unha instalación de recepción selectiva para residuos urbanos especiais (pequenos RAEEs, baterías, lámpadas, CDs, DVDs, latas de pintura, aerosoles e medicamentos) que, grazas á súa mobilidade, facilita a entrega pola cidadanía desas fraccións ao achegarse ás súas casas.

Ao longo do mes, o Punto Limpo Móbil viaxa a todos os concellos do Consorcio As Mariñas os días e lugares acordados cos responsables municipais en horario de 9.30 a 13.30 horas. Este calendario divulgase a través das redes sociais e da páxina web do Consorcio As Mariñas.

Proxecto subvencionado a través da Orde de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal (DOG número 246, do 27 de decembro de 2018).

Axuda cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa FEDER GALICIA 2014-2020.

OBXECTIVO: "Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos investimentos de recursos no sector de residuos para cumprir os requisitos do acerv da Unión en materia ambiental".

 

 

 

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
bondage-guru.netpornoplanet.org