español  | galego 
Foto
 »  Consorcio As Mariñas »  Benvida

Bienvenida

BENVIDOS A PAXINA WEB DO CONSORCIO AS MARIÑAS


Como Presidente desta entidade local que consigue unir a vontade de participación de nove concellos (Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) espero que a través desta páxina saibamos transmitir o noso grado de unión e compromiso có territorio e co seu desenvolmento. E non só falamos en termos económicos, tan importantes nestes tempos, senón tamén no eido social, adoptando estratexias de traballo que favorezan a inclusión social e laboral dos sectores máis desfavorecidos.


Desde a constitución deste Consorcio, alá polo ano 2000 na que eu mesmo tiven a sorte de participar activamente, apostamos por un modelo de servizos conxuntos, eficaces, globais e coordinados. O tempo deunos a razón e podémonos considerar precursores das correntes de opinión que hoxe en día falan de mancomunar ou consorciar. A necesidade que nos uniu ao principio, a recollida de residuos, segue a existir e a ela súmamse agora outras como o saneamento, as emerxencias, ou mesmo o turismo.


Como firme defensor deste modelo de xestión espero responder aos retos que nestes catro anos de mandato se me plantexan, devolvendo deste xeito con feitos a confianza que os meus compañeiros e compañeiras, alcaldes e alcaldesas, depositan en min e conseguir, en fin, un territorio cohesionado e coa maior calidade de vida posible para toda a cidadanía que nel reside.


José Antonio Santiso Miramontes
Presidente

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org