español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

PLENO DE CONSTITUCIÓN DO CONSORCIO AS MARIÑAS

[15/11/2019] Categoría: Destacados, Consorcio As Mariñas

O Consorcio As Mariñas celebrou, onte xoves 14 de novembro, o pleno de constitución para o presente mandato. Neste sentido, a orde do día contemplaba a elección de presidencia e vicepresidencia, a composición das diferentes comisións e a determinación da periodicidade das sesións plenarias.

 

Á reunión acudiron os alcaldes ou alcaldesas dos concellos que conforman o ente: José Antonio Santiso, de Abegondo; Alejandra Pérez, de Bergondo; María Barral, de Betanzos; Óscar García, de Cambre; Javier Gestal, de Carral; José Ramón Rioboo, de Culleredo; e Benito Portela, de Sada. Por parte de Oleiros asistiu a primeira tenente de alcalde, María José Varela.

 

A favor de que a presidencia recaese no alcalde de Abegondo votaron Bergondo, Betanzos, Cambre, Culleredo e o propio Abegondo, que suman un total de 85 participacións. E a favor de que fose o alcalde de Oleiros votaron Carral, Sada e o propio Oleiros, que suman 52 participacións.

 

En canto á vicepresidencia, tras renunciar a que exercía ata agora, Alejandra Pérez, foi María Barral a que deu o paso adiante e asumiu o cargo.

 

 

Nostián

 

Á sesión plenaria tamén acudiron como observadores dous representantes do Comité de Empresa de Albada, empresa que ten a concesión da planta de Nostián, onde se tratan os residuos sólidos urbanos da Coruña e Consorcio. Ao terminar a reunión interviñeron para expresar a súa preocupación polo anuncio da empresa de recortar un 40% o persoal.

 

O presidente do Consorcio transmitiu en nome de todos os alcaldes e alcaldesas que a súa intención é continuar indo a Nostián, de acordo coa Coruña. O ente supramunicipal considera que o convenio asinado en 2001 con Albada determina que deben seguir ofrecendo o servizo ao Consorcio tamén a partir do 1 de xaneiro, porque se debe ofrecer nas mesmas condicións que á cidade.

 

José Antonio Santiso lembrou que están en conversas coa Coruña para participar, da forma que se acorde, no futuro de Nostián.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD