español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

OS NOVE CONCELLOS DO CONSORCIO AS MARIÑAS UNIDOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

[25/11/2011] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

25 de novembro de 2011.- O Consorcio As Mariñas presentou na súa sede o programa de actos dos 16 días de activismo contra a violencia de xénero. Esta campaña promovida a nivel mundial ten por lema neste 2011 'Desde a Paz no Fogar, cara a Paz no Mundo' xa que considérase que os valores da non violencia poden influír nas actitudes das nosas amistades, familias, comunidades, gobernos e outros actores. A campaña quere chamar á acción á sociedade civil que ten un papel fundamental na busca dun mellor e máis amplo concepto de seguridade humana con énfase na paz e no respecto aos dereitos humanos.

Así o sinalaron na presentación José Antonio Santiso Miramontes, presidente do Consorcio As Mariñas e Ignacio Crespo López, responsable da Comisión de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas, acompañados das concelleiras de Servizos Sociais de Betanzos, Cambre, Carral e Sada, durante a presentación que tivo lugar esta mañá. Para poñer de manifesto ese compromiso institucional ao rexeitamento da violencia os asistentes vestían unha camiseta na que se podía ler un rotundo NON!! á violencia de xénero.

Na mesma xornada do venres dou comenzo 'Contos do mundo' un proxecto educativo multicultural que se leva a cabo en colaboración con Solidariedade Internacional Galicia dirixido a nenos e nenas de 5 a 8 anos. A obra, que ten unha duración de unha hora, promove valores como o respecto, a solidariedade e a equidade de xénero. O calendario de actuacións programadas é o seguinte:

Novembro

  • Venres 25: Concello de Sada. Lugar: CEIP Sada e Contornos. Hora: 12.15 h.
  • Sábado 26: Concello de Betanzos. Lugar: Edificio Liceo. Hora: 12:30 h.
  • Luns 28: Concello de Abegondo. Lugar: CEIP San Marcos. Hora: 10.30 h.
  • Martes 29: Concello de Carral. Lugar: CEIP Vicente Otero Valcárcel. Hora: 9.45 h.
  • Mércores 30: Concello de Culleredo. Lugar e hora: CEIP Sofía Casanova. Hora: 10.00 h.

Decembro

  • Xoves 1: Concello de Oleiros. Lugar: CMF Isaac Díaz Pardo. Hora: 18.00 h.
  • Venres 2: Concello de Cambre. Lugar: CEIP Emilio Galán. Hora: 11.00 h.
  • Mércores 14: Concello de Bergondo. Lugar: Edificio A Senra. Hora: 18.00 h.
  • Xoves 15: Concello de Arteixo. Lugar: Aula Sociocultural de Meicende. Hora: 18.30 h.

Durante a mañá do sábado 26 realizarase un roteiro entre Miodelo e o Pazo de Mariñán no que están convidados a participar voluntarios dos nove concellos e persoas interesadas en xeral. Durante a ruta realizarán unha análise dos deterioros medioambientais que atopen e recibirán explicacións da Técnica de Medioambiente do concello de Bergondo. Na visita ao  Pazo de Mariñán e á estación ornitolóxica que alberga poderán observar e coñecer a actividade natural da zona. Promover a participación e o voluntariado medioambiental son obxectivo desta actividade que se enmarca na celebración do Día Internacional do Voluntariado.

Xa na xornada do xoves 1 de decembro, ás 18.30 horas, coincidindo co Día Mundial de loita contra a SIDA a Casa da Cultura 'Pintor Lloréns' de Sada acollerá a presentación da memoria de actividade 'Intervención sociosanitaria con mulleres en situación de prostitución' que realiza Médicos do Mundo en colaboración co Plan Coordinador de Servizos Sociais do Consorcio As Mariñas e que servirá para recordar a interrelación entre SIDA e violencia xa que o exercicio da violencia impide ás mulleres rexeitar prácticas sexuais con riscos ou mesmo non desexadas.

A programación da campaña continuará o xoves 15 de decembro, ás 19.00 horas no Centro Cultural 'Toñito Espiñeira' de Carral, coa entrega de premios do III Concurso de fotografía polos Dereitos Humanos que tamén forma parte da campaña. Os mozos e mozas participantes teñen de prazo ata o 10 de decembro para enviar as súas fotos sobre dereitos da infancia, igualdade e equidade de xénero; medio ambiente; adolescencia e mocidade; liberdade de expresión. Pódense consultar as bases do concurso na web do Consorcio www.consorcioam.org.

Máis información, no número de teléfono 981784704 Ext 118

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD