español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

O CONSORCIO AS MARIÑAS EN FITUR

[26/01/2012] Categoría: Turismo, Destacados

O CONSORCIO AS MARIÑAS PRESENTA AO TERRITORIO EN FITUR COMO UN REFERENTE EN TURISMO DE NATUREZA

ENTRE OUTROS RECURSOS, JOSÉ ANTONIO SANTISO PRESENTARÁ NO STAND DE TURGALICIA AS ACCIÓNS LEVADAS A CABO PARA FACER DA ÁREA UN REFERENTE DO TURISMO DE NATUREZA, COMO O  CLUBE NAÚTICO DEPORTIVO DE BECHE OU AS NOVAS RUTAS DE SENDEIRISMO

20 de xaneiro de 2011.- O presidente do Consorcio As Mariñas, Jose Antonio Santiso, presentará esta tarde en Fitur a oferta turística do territorio, iniciativa que forma parte do Plan de Dinamización do Produto Turístico(PDPT) que ten como obxectivo facer da Coruña e da área un destino turístico único e sólido.

O destino será presentado esta tarde (17 horas) en Madrid no marco de FITUR, nun acto que terá lugar no stand de Turgalicia e ao que asistirá o presidente do Consorcio As Mariñas e do Plan, Jose Antonio Santiso e o xerente do PDPT, Julio Ramos.

Durante o acto farase especial fincapé nos recursos naturais do territorio e nos investimentos realizados neles durante o 2012 para facer da área nun referente para os afeccionados ao turismo de natureza. Jose Antonio Santiso presentará ás seis rutas de sendeirismo situadas nos municipios de Arteixo, Cambre, Sada e Oleiros e nas que se investiron 200.000 euros para o seu acondicionamento e sinalización. Trátase de dos roteiros: Sisalde (Costa de Arteixo),  Ríos de Cambre, Val de Rego Carril (Sada), Porto Dexo, Seixo Branco e Mera-Canabal (Oleiros).

Ademais, o presidente do Consorcio As Mariñas aproveitará FITUR para presentar de maneira oficial o novo Clube Náutico Deportivo do Embalse de Beche (Abegondo) cuxos traballos xa están rematados e que dotan a comarca nun novo atractivo para os amantes do turismo deportivo de interior.

Tras un investimento de 145.050 euros, o Consorcio As Mariñas aspira a facer de Beche o novo espazo para a práctica de deportes fluviais ademais de posicionalo como extraordinario enclave para o ocio en pleno Camiño Inglés. O embalse conta cun embarcadoiro flotante , 4 piraguas co correspondente equipamento e con 20 equipos de pesca fluvial. Ademais, plantáronse árbores autóctonas representativas de cada unha das dezanove parroquias que integran Abegondo, así como arbustos con froitos silvestres (moras, améndoas e arandos); a colocáronse de bancos baixo a arboreda; acondicionouse o camiño que bordea o embalse para a práctica deportiva; a creouse un roteiro de sendeirismo para a conexión do recurso co Camiño Inglés; construíuse unha ponte de madeira sobre o río Roufrio e dotouse o embalse dun aparcadoiro para os turistas e visitantes.

O Consorcio As Mariñas levou ademais a FITUR o novo material deseñado para desestacionalizar o turismo e cos que trata de crear produtos diferenciados e adaptados aos diferentes perfiles de visitante.

¿Que é o Plan de Dinamización?

O Plan de Dinamización do Produto Turístico do Área Metropolitana de A Coruña naceu co obxectivo fundamental de converterse nunha ferramenta destinada a facer máis competitivo o destino turístico formado polos nove concellos do Consorcio As Mariñas e  A Coruña, permitindo unha maior cohesión entre eles e formando un único destino conxunto. O Plan, cuxas actuacións son executadas polo Consorcio As Mariñas, dispón dun orzamento de case 4 millóns de euros e, ademais do Consorcio e do concello da Coruña, está financiado polo Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, a Consellería de Cultura e Turismo e os fondos FEDER, e conta coa colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería da Coruña.

 

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD