español  | galego 
Foto

Plugin nova individual

CAMPAÑA DO SERVIZO DE LACERIA

[06/02/2012] Categoría: Consorcio As Mariñas, Destacados

Comenza a campaña de información do servizo de lacería


O Consorcio As MariñaS ven de distribuir aos nove concellos que o integran material informativo do servizo de lacería composto por carteis e dípticos informativos. Neles indícase como actuar e a quen chamar tanto no caso de perda dun animal coma no caso de atopalo. Ademais e dentro da web do Consorcio existe un apartado específico 'Lacería/perrera' na que se proporciona toda a información.
Este servizo consiste na recollida de cans e gatos abandonados na vía pública, na xestión de cadáveres de animais de particulares e clínicas veterinarias e na xestión da adopción dos animais de compañía abandonados ou entregados.
A concesionaria do servizo, Servigal xestiona unha canceira que dará cabida ós animais domésticos abandonados do territorio e que está situada Limiñón (Abegondo), en Agra do Pazo, 2-A. Tamén se pode contactar chamando ao teléfono 981 679 083.

Voltar
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
RGporn.com - Download Porno HD