Mañá martes 3 de decembro, ás 20.30 horas, inaugurarase no Edificio Liceo de BETANZOS a Exposición Itinerante 'Experiencia creativa 2002-2012' do escultor Francisco Escudero.
Estará aberta ata o 18 de decembro en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00 a 21:00 (de luns a venres) e de
12:00 a 14:00 os sábados, domingos e festivos.
Esta será a última parada da exposición que levou unha selección de esculturas e debuxos da obra de Francisco Escudero por tódolos concellos do Consorcio As Mariñas