español  | galego 
Foto

Plugin noticia individual

CONTINÚAN AS LABORES DE DESINFECCIÓN DE COLECTORES

[28/04/2020] Categoría: Destacados, Consorcio As Mariñas, Residuos Urbanos

Dende que se decretou o estado de alarma o Consorcio As Mariñas está a desenvolver traballos de desinfección do mobiliario urbano relacionado coa recollida de residuos para evitar posibles contaxios.

En concreto desinfectáronse xa máis de 13.500 colectores nos oito concellos consorciados: Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.

A esta labor dedícanse recursos específicos con equipos móbiles de limpeza que percorren o territorio. En concreto, aplícase a presión unha solución de hipoclorito sódico de forma nebulizada facendo un rociado manual para poder abarcar a totalidade das partes dos diferentes tipos de colectores, incluíndo o corpo completo e a tapa.

Volver
Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 info@consorcioam.org
page.wrap (https://comicsnake.com/ magazine-pdf.net comics-all.com lacomix.org bondage-guru.netpornoplanet.org