A Casa Rosa de O Burgo (Culleredo) acolleu a entrega do IV Premio José Luis Muruzábal a proxectos innovadores na área da saúde mental. O gañador desta edición foi o proxecto "As enfermedades mentais e a radio. A tertulia APEM", presentado por Radio Nordés-Cadena Ser.
Coa presenza de representantes dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas e do concello de Culleredo, a viuva de José Luis Muruzábal, Toni Pérez fixo entrega do galardón a Pepe Formoso, periodista que modera o proxecto gañador do premio. A tertulia de Radio Nordés ten unha traxectoria de quince anos en antena. Comenzou no 2002 en Cee, emitíndose cada semana e na que participan persoas usuarias do Centro de Recuperación e Rehabilitación Psicosocial e Laboral que ten APEM. Ademais cada mes entrevistan a persoas recoñecidas da Costa da Morte e colaboran coa sección de deportes da emisora.
O xurado destacou da experiencia gañadora o carácter comunitario da mesma, trasladando á poboación en xeral, a través dun medio de comunicación, a problemática da saúde mental desde unha posición integradora e de normalización. Destácase tamén a importancia da consolidación no tempo desta iniciativa, amosando os seus promotores constancia e insistencia na actividade. Por último, e desde o punto de vista da persoa enferma mental, trátase dunha técnica de traballo en si, entendida como actividade rehabilitadora e de inserción.
A dotación económica do premio é de 2.000 ?.