español  | galego 
Foto
 »  Residuos »  Residuos

Residuos

QUE SON

A xeración de residuos é consecuencia directa e inevitable da presenza de seres vivos no noso planeta, producindo unha serie de materiais que non teñen utilidade ou un valor económico e que estan destinados a ser rexeitados.

Defínese un residuo, desde o punto de vista legal, como calqueira substancia ou obxecto que o seu posuidor desbote ou teña a intención ou a obriga de desbotalo.

Nos últimos anos, debido ao aumento gradual da poboación, a expansión da economía baseada no consumo, a cultura de usar e tirar e o avance tecnolóxico que produce novos materiais, aumentou a cantidade de residuos producida así coma a súa diversidade, capacidade contaminante e perigosidade, facendo qeu o problema dos residuos comence a tomar proporcións críticas e a xerar un importante impacto no medio ambiente. Este problema vese agravado cando o residuo xerado non é acondicioado ou xestionado correctamente.

Ademais este problema se une ao da extracción dos recursos do medio natural, que se vai incrementando, sendo moitos deles non renovables e, polo tanto, limitados e a escaseza ou abuso podería ser crítica.

Os avances tecnolóxicos permitiron tamén atopar unha solución a estes problemas xa que moitos dos recursos necesarios para os procesos de fabricación poderían extraerse precisamente destes residuos, de forma directa (reutilizando) ou ben sometelos a algún proceso de transformación (reciclando ou valorizando) de xeito que os residuos pasaron a considerarse como subproductos e comenzaron a xestionarse. Esta xestión busca, por unha banda, minimizalos ou, polo menos reducilos, reducir tamén a súa perigosidade e impacto tanto para o ser humán coma para o medio ambiente e valorizalos para reintroducilos no mercado de forma que tamén se reduza a presión sobre os recursos económicos existentes na natureza.

* Residuos domésticos: residuos xenerados nos fogares como consecuencia das actividades domésticas. Considéranse tamén residuos domésticos os similares aos anteriores xenerados en servizos e industrias.

Inclúense tamén nesta categoría os residuos que se xeneran nos fogares de aparatos eléctricos e electrónicos, roupa, pilas, acumuladores, mobles, enseres así coma os resiudos e entullos procedentes de obras menores de construcción e reparación domiciliaria.

Tamén teñen a consideración de residuo doméstico os procedentes da limpeza das vías públicas, zonas verdes, áreas recreativas e praias, os animais domésticos mortos e os vehículos abandoados.

* Residuos comerciais: residuos xenerados pola actividade propia do comercio ao por maior e ao por menor, dos servizos de restauración e bares, das oficinas e dos mercados, así coma do resto do sector servizos.

*Residuos industriais: residuos resultantes dos procesos de fabricación, de transformación, de utilización, de consumo, de limpeza ou de mantemento xenerados pola actividade industrial, excluidas as emisións á atmosfera reguladas na Lei 34/2007, do 15 de novembro.

*Residuos perigosos: residuos que presentan unha ou varias características perigosas así coma os recipientes e envases que os contiveran.

*Aceites usados: tódolos aceites minerais ou sintéticos, industriais ou de lubricación, que deixen de ser aptos para o uso orixinariamente previsto, coma os aceites usados de motores de combustión e os aceites de caixas de cambio, os aceites lubricantes, os aceites para turbinas ou os aceites hidráulicos.

* Biorresiduos: residuos biodegradable de xardíns e parques, residuos alimenticios e de cociña procedentes de fogares, restaurantes, servizos de restauración colectiva e establecementos de venta ao por menor, así coma residuos comparables procedentes de prantas de procesado de alimentos.

Consorcio As Mariñas Lugar de Bos, Naves O Carballalll nº4 15640 Guisamo, Bergondo (A Coruña) Tlf. 981 784 704 Fax. 981 784 721 info@consorcioam.org