TAXA
As taxas son un tributo propio, que os concellos cobran pola prestación de servizos de competencia local cando estes sexan de solicitude ou recepción obrigatoria e, ademais, non sexan susceptibles de ser prestadas por parte da iniciativa privada (artigos 20 a 27 da Lei Reguladora das Facendas Locais).
No ámbito ambiental, a Axencia Europea do Medio define as taxas de cobertura de custos, como aqueles tributos deseñados para que os que fan o uso do medio paguen total ou parcialmente o custo deste uso.
Especificamente diferencian as taxas de usuario como aquelas onde os usuarios pagan por un servizo especifico (AEMA, 1997,21). Tal seria o caso da taxa pola recollida e tratamento dos residuos urbanos.
TAXA DE RECOLLIDA DE LIXO
Constitue a taxa de prestación de este servizo de recepción obrigatoria, a recollida de residuos sólidos urbanos nos concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Carral, Cambre, Culleredo, Oleiros e Sada, o seu transporte aos centros de eliminación e posterior tratamento.
Entendérase de recepción obrigatoria o servizo prestado a tódolos establecementos comerciais, industriais, profesionais ou de outros usos que estean en condicións de habitabilidade ou utilización con independencia de que estean ou non, habitados ou utilizados.
A QUEN ESTA DIRIXIDO
Responderán solidariamente das obrigacións tributarios do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas á que se refiren o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.