CEIS AS MARIÑAS
O Comité de Ética na Intervención Social "CEIS AS MARIÑAS" é un órgano colexiado de carácter consultivo, interdisciplinario e independente que ten por finalidade asesorar nos problemas éticos da intervención social, fomentar a cultura ética e mellorar a calidade da intervención social e o benestar das persoas usuarias dos servizos sociais.
Esta iniciativa xorde da preocupación dos/as profesionais dos servizos sociais dos concellos que forman parte do Consorcio As Mariñas (Abegondo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada) por consolidar e promover a dimensión ética da intervención social e buscar apoio para acadar a mellor solución en determinadas situacións de conflito. De ahí da orixe a un plan de formación (2017-2018), que tiña como finalidade proporcionarlles habilidades e coñecementos éticos básicos e facilitar a creación dun comité de ética en intervención social no ámbito do Consorcio. Ademais, o plan pretendía mellorar a calidade da intervención e dos procesos de toma de decisións dos/das profesionais e contribuír a implantar unha cultura ética no Consorcio e na sociedade.
Este Comité como referencia a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia e contribúe ao logro dos obxectivos do Sistema galego de Servizos Sociais (artigo 3), ao desfrute dos dereitos das persoas usuarias (artigo 6) e á mellora continuada da calidade do sistema (artigos 49, 50 e 51).
O CEIS As Mariñas, está ao servizo das/dos profesionais, centros, servizos, asociacións, fundacións, institucións, persoas usuarias, familias e/ou representantes e demais axentes implicados na intervención social do Consorcio As Mariñas.
O ámbito territorial de actuación do CEIS As Mariñas é o correspondente ao ámbito dos servizos sociais dos concellos que integran o Consorcio As Mariñas.